enriquejosegarciarubira@hotmail.com

Patoloxías nos pés máis habituais no verán

Publicado: 09 de xullo de 2021, 14:20
  1. Consellos
Patoloxías nos pés máis habituais no verán

No noso post anterior dabámosvos algúns consellos sobre como coidar os pés na época máis calorosa do ano, o verán. A nosa gran traxectoria e recoñecemento como podólogos en Ourense permítennos contarvos algunhas das alteracións dos pés máis comúns do verán e que facer para previlas. 

Queimaduras nos pés

Nesta época do ano a crema de protección solar convértese nun imprescindible. Utilizámola a diario e aínda máis cando imos estar expostos aos raios solares en lugares como a praia ou a piscina; botamos crema solar na cara, os brazos, as pernas, a barriga, pero… que pasa cos pés? Son moitos os que se poñen en contacto co podólogo en Ourense Enrique José García  Rubira por este tipo de patoloxías. Cabe resaltar que é moi importante utilizar crema solar tamén nos pés, evitando así queimaduras indesexadas. 

A area da praia está moi quente? Nos días de máis calor é recomendable percorrer os areais de praia cun calzado adecuado para iso como poden ser as chanclas, evitando o contacto directo dos pés coa area para evitar este tipo de queimaduras. 

Cortes na planta dos pés

O verán é a época do ano na que máis camiñamos descalzos, ben sexa polos arredores da piscina ou na propia praia. É moi habitual que haxa obxectos  cortantes no chan que poden provocar cortes e infeccións polo que as chanclas volven ser de gran axuda. 

Escordaduras e torceduras

Á hora de escoller o calzado de verán para o día a día hai que prestar especial atención a que estes suxeiten ben o pé, xa que unha mala suxeición pode provocar escordaduras ou  torceduras. Sempre que vaias comprar calquera tipo de calzado para esta época do ano, como poden ser sandalias, presta atención a que o calzado suxeite perfectamente o pé. 

Sufriches algunha destas patoloxías?

Ponte en contacto co podólogo en Ourense Enrique José García  Rubira, pide cita para asegurar a boa saúde dos teus pés!

Noticias relacionadas

A importancia de realizar revisións periódicas no podólogo 18 Feb

A importancia de realizar revisións periódicas no podólogo

18/02/2026 Consellos
Adoitamos esquecer que os nosos pés son a base que sustenta todo o noso corpo. Sopórtannos día tras día, absorben impactos e permítennos movernos, percorrendo miles de quilómetros ao longo da vida. Porén, moitas persoas só acoden ao podólogo cando senten dor ou cando aparece un problema
Como a correcta elección de calzado pode mellorar a marcha? 15 Dec

Como a correcta elección de calzado pode mellorar a marcha?

15/12/2025 Consellos
Un aspecto fundamental para o teu benestar xeral, e que a miúdo pasas por alto, é a forma en que camiñas. Unha marcha eficiente non só prevén a dor, senón que tamén mellora o teu rendemento físico e a túa calidade de vida. E o elemento que ten un impacto máis directo nisto é algo que usas todos os
3 consellos para evitar a aparición de calosidades e durezas nos pés 21 Out

3 consellos para evitar a aparición de calosidades e durezas nos pés

21/10/2025 Consellos
As calosidades e durezas non son unicamente unha cuestión que afecte á estética dos pés. Falamos dunha resposta natural da pel a unha presión ou fricción repetida , e un sinal de que algo non vai ben na forma en que camiñas ou no calzado que usas. O teu obxectivo é evitalas? En Enrique José García
A relación entre os problemas circulatorios e a saúde dos pés 20 Mai

A relación entre os problemas circulatorios e a saúde dos pés

20/05/2025 Consellos
Adoitas ter os pés fríos, inchados ou con sensación de formigueo? Pode que a túa circulación non estea a funcionar como debería e aínda non cho dixeron. Pero grazas ao que che contamos neste artigo, dende a clínica de Enrique José García Rubira, o teu podólogo en Ourense de confianza, vas coñecer a