Consellos para coidar os pés no verán

Publicado: 03 de junio de 2021, 17:01
  1. Consellos
Consellos para coidar os pés no verán

Estamos a poucos días de comezar a época máis calorosa do ano; o verán. As temperaturas xa comezan a subir e aos poucos imos cambiando o noso vestiario e o noso calzado para utilizar pezas máis frescas e acordes a estas datas. Ademais, as praias e as piscinas convértense nun elemento fundamental da nosa rutina.

Son varios os consellos a seguir para asegurar a boa saúde dos pés nesta época do ano e, como podólogos en Ourense de gran recoñecemento, deixámosvos unha serie de pautas.

Non utilices o mesmo calzado que no inverno e cámbiao cada día

Para os meses de calor é recomendable optar por calzado transpirable para evitar que o pé suen. Ademais de que é fundamental non utilizar o mesmo calzado dous días seguidos para evitar a humidade nos pés provocada pola suor acumulada.

Se te decides polas sandalias, asegúrate de que se suxeiten perfectamente ao pé

A mala elección do calzado pode chegar a provocar diversas patoloxías nos pés, sendo os dedos en garra unha das máis frecuentes por mor de que o calzado non se agarra ben ao talón.

Utiliza pos de talco se sofres un exceso de sudoración nos pés

A mellor alternativa para todos aqueles que padecen unha sudoración excesiva nos pés é aplicar pos de talco pola mañá e repetilo ao mediodía se é necesario. Ademais, en caso de utilizar calcetíns, estes tamén deben ser cambiados.

Evita camiñar descalzo por piscinas ou zonas públicas

No verán é moi habitual acudir a sitios públicos concorridos como, por exemplos, piscinas ou os vestiarios das mesmas. Nestes lugares é recomendable utilizar sandalias e evitar camiñar descalzo, reducindo así a posibilidade de coller algún tipo de infección como fungos ou papilomas.

Enrique José García Rubira, o teu podólogo en Ourense

Consegue lucir uns pés sans todo o verán. Se crees que podes padecer algunha alteración nos pés, ponte en contacto coa nosa clínica de podoloxía en Ourense; axudarémosche a tratala. 

Noticias relacionadas

Por que optar polo calzado con suxeción traseira?

Por que optar polo calzado con suxeción traseira?

23/10/2023 Consellos
A elección do calzado é un tema de especial relevancia para a saúde podal. En Enrique José García Rubira, consulta podolóxica en Ourense, somos expertos en podoloxía infantil. O calzado non só debe ser cómodo e axeitado para a actividade que se vai realizar, senón tamén debe contribuír ao benestar
En que casos son precisos os tratamentos ortoprotésicos?

En que casos son precisos os tratamentos ortoprotésicos?

26/07/2023 Consellos
Nos casos en que existen problemas nos pés ou necesidades específicas de apoio e estabilidade, os tratamentos ortoprotésicos poden ser de grande axuda. Como podólogo de confianza en Ourense, dende Enrique José García Rubira explicámoste a importancia destes tratamentos e as situacións nas que son
Por que é importante visitar ao podólogo?

Por que é importante visitar ao podólogo?

28/06/2023 Consellos
Moita xente tende a miúdo a descoidar o coidado dos seus pés ou a non prestarlle a atención suficiente que si lle merecen outras partes do seu corpo. Isto é un erro e hoxe explicarémosche por que a visita regular a un podólogo é fundamental. Explicarémosche por que é importante acudir a este tipo
Como coidar os pés en verán

Como coidar os pés en verán

08/06/2023 Consellos
Coa chegada do verán, o coidado dos seus pés adquire unha nova dimensión. Non só ten que facer fronte á exposición constante ao sol e á calor, senón que tamén os pés son suxeitos a condicións como o uso de calzado aberto ou mesmo camiñar descalzo na praia. Para asegurarse de que os seus pés están

Solicita una cita previa co noso podólogo en Ourense

Se precisas máis información sobre os servizos de podoloxía que ofrecemos en Ourense ou queres solicitar unha cita previa non dubides en poñerte en contacto con nós.

Contactar