Na nosa clínica podolóxica realizamos orteses de silicona personalizadas, elaboradas á medida para adaptarse ás necesidades de cada paciente.
Este tipo de tratamento axuda a protexer e aliviar zonas de presión, corrixir alteracións dixitais e mellorar a comodidade ao camiñar. Grazas á súa flexibilidade, resistencia e adaptación, ofrecen unha solución eficaz e cómoda para o coidado e benestar dos pés.