Doenzas máis comúns nos pés ao usar botas

Publicado: 05 de enero de 2023, 11:44
  1. Patoloxías
Doenzas máis comúns nos pés ao usar botas

Coa chegada dos meses máis fríos do ano, os nosos pés pasan a maior parte do día tapados e, as veces, sen transpiración. O uso de calzado pechado pode ocasionar multitude de patoloxías que levan a unha doenza continua e molesta no día a día. Como é lóxico, durante o inverno usamos con moita frecuencia as botas, tapando por completo o pé e, en ocasións, apertando e dificultando a circulación e a osixenación.

 

Que causan as doenzas?

Enrique José García Rubira, podólogo en Ourense, atende a multitude de pacientes que veñen con problemas causados polo uso de calzado inadecuado, por iso, é moi importante acudir con frecuencia ao podólogo e engadir esta cita a nosa rutina, e máis durante o inverno. 

Nesta entrada do blog, queremos destacar algunhas doenzas comúns e que vemos con maior frecuencia nas consultas de podoloxías e que veñen a raíz do mal uso do calzado de inverno:

Fungos e bacterias

Sen dúbida, a patoloxía máis xeral é a presenza de fungos e bacterias causadas pola humidade. En ocasión, o noso pé exponse á choiva por filtracións no zapato; se isto ocorre non hai que esquecer secar os pés o antes posible e mantelos nunha boa temperatura e libre de humidade.

Ampolas

Tanto o calzado como os calcetíns, fan que o noso pé non goce de boa circulación. É moi importante escoller calzado que, xunto cos calcetíns, queden óptimos aos pés. Da mesma maneira, hai que evitar que o calcetín aperte a perna ou o nocello, xa que pode ser o causante da aparición de ampolas.

Callos e durezas

A pesar de que son patoloxías que se poden sufrir durante todo o ano, non hai que descoidar a visita ao podólogo para obter un bo mantemento dos pés, así como para evitar causar eses callos e durezas tan molestas e que co uso de botas poden danar moito o noso día a día

Uñas encarnadas

Cando o calzado é estreito fai un efecto de presión que pode modificar o bo transcurso do crecemento da uña. Por este motivo, aparecen o que coñecemos como uñas encarnadas, moi dolorosas, moi incómodas e que poden afectar a nosa forma de camiñar. 

Sequidade

No inverno, máis que nunca, prestámoslle moi pouca atención ao estado da pel dos nosos pés, quizais porque os vemos moi pouco ao telos tapados na maioría do tempo. Ben é certo que a pel dos pés é tan importante como a do resto do corpo, xa que, a causa do frío, téndese a resecar moito máis do normal. Aplicar cremas hidratantes é fundamental para coidar da saúde cutánea. 

 

Visitar ao podólogo é fundamental durante o inverno

O podólogo Enrique José García Rubira conta con moitos anos de experiencia, prestando os seus servizos en centros e clínicas de podoloxía en Ourense, no Policlínica Cosaga e nos centros sociocomunitarios de O Carballiño, Celanova, Maceda, Ourense e Ribadavia. Se precisas os servizos de Enrique José García Rubira, non dubides en chamarnos, estaremos encantados de velar pola túa saúde.  

Noticias relacionadas

Doenzas nos pés máis comúns no verán

Doenzas nos pés máis comúns no verán

25/04/2023 Patoloxías
Durante os meses de verán, os pés están expostos a varios factores que poden causar certas doenzas. A continuación, dende Enrique José García Rubira, o seu podólogo en Ourense de confianza, presentamos as doenzas nos pés máis comúns no verán e como previlas. Micose nas unllas: A humidade e o
¿Como se tratan os fungos nos pés?

¿Como se tratan os fungos nos pés?

09/03/2023 Patoloxías
Unha das afeccións máis comúns que tenden a saír os pés, son os fungos. Os cales ocorren debido a múltiples factores entre os que se atopan ir descalzo por lugares humidos como a praia ou a piscina. É de grande importancia acudir nestos casos a un podólogo que trate esta doenza. O doutor Enrique
Neuroma de Morton, que é e como evitalo

Neuroma de Morton, que é e como evitalo

31/10/2022 Patoloxías
O neuroma de Morton é unha patoloxía que afecta á saúde dos pés, provocado polo uso constante de zapatos de tacón alto. Do mesmo xeito que calquera outra alteración que afecte á saúde, é de suma importancia detectalo a tempo e poder tratalo coa maior anticipación posible. O noso podólogo, Enrique
Como coidar os pés en verán

Como coidar os pés en verán

Hace 23 horas Consellos
Coa chegada do verán, o coidado dos seus pés adquire unha nova dimensión. Non só ten que facer fronte á exposición constante ao sol e á calor, senón que tamén os pés son suxeitos a condicións como o uso de calzado aberto ou mesmo camiñar descalzo na praia. Para asegurarse de que os seus pés están

Solicita una cita previa co noso podólogo en Ourense

Se precisas máis información sobre os servizos de podoloxía que ofrecemos en Ourense ou queres solicitar unha cita previa non dubides en poñerte en contacto con nós.

Contactar