Setembro: mes ideal para levar aos cativos ao podólogo

Publicado: 07 de septiembre de 2021, 11:00
  1. Podoloxía infantil
Setembro: mes ideal para levar aos cativos ao podólogo

A poucos días de comezas as clases dende a nosa clínica de podoloxía en Ourense, Enrique José García Rubira, aconsellamos a tódolos pais e nais que leven aos seus fillos e fillas ao podólogo para comezar o colexio nas mellores condicións.

Durante os meses de verano os nenos e as nenas adoitan camiñar máis tempo descalzos, a humidade tras os baños na praia ou na piscina queda nos pés e, se viaxamos e probable que nalgunha ocasión teñan que utilizar algún tipo de ducha pública xa sexa, por exemplo, nun parque acuático ou nun hotel. Todas estas situacións poden causar enfermidades nos pés dos nenos e das nenas que, en moitas ocasións, non coñecemos e poden agravarse se non acudimos de maneira rápida a un podólogo.

Algunhas destas enfermidades ou doenzas son:

Fungos

Os fungos nos pés e tamén nas unllas son moito más comúns do que pensamos. Entre os síntomas que poden indicarnos que o noso fillo ou filla padece destes fungos destacamos:

  • Proído na pel 
  • Unllas vermellas
  • Pel enrrugada
  • Fendas na pel
  • Mal olor

É importante que no momento que pensemos que o cativo ou a cativa pode padecer de fungos visites de maneira rápida ao podólogo xa que, se non se tratan, esta doenza pode expandirse.

Papiloma

O papiloma e unha infección que causa unhas verrugas plantares que pode contaxiarse de unhas persoas a outras pola utilización, por exemplo, dunha mesma toalla ou por exemplo polo uso da mesma ducha.

  • Os síntomas dun papiloma no pé son:
  • Pequeno avultamento na planta do pé con forma de coliflor e cunha cor grisácea
  • Dor e maior sensibilidade na zona onde está a verruga plantar

É importante que para curar este tipo de doenza e que no se poda contaxiar entre persoas e incluso aparezan máis no mesmo pé visitar ao podólogo. O tratamento destas verrugas, normalmente, ten que facerse ao longo de varias sesións.

Outras razóns polas que levar aos nenos e nenas ao podólogo

Moitos dos pais e nais que nos visitan na nosa clínica de podoloxía en Ourense durante o mes de setembro o fan para que profesionais coma nós lle fagamos un estudio da pisada ao seu fillo o filla.

Con isto o que conseguimos é, por exemplo, atopar algunha anomalía na pisada no neno ou da nena antes de comezar a adestrar nalgún equipo de fútbol, baloncesto...

Se queres que os teus fillos ou fillas comecen de maneira correcta a súa nova etapa na escola non dubides en pedir unha cita no noso centro de podoloxía en Ourense. ¡Estaremos encantados de poder atendervos!

Noticias relacionadas

A volta ao cole!

A volta ao cole!

27/09/2022 Podoloxía infantil
Setembro é un novo comezo e, por tanto, o empezo dun novo curso escolar. Neste mes son moitos os alumnos que volven ás clases e mesmo os que pisan as aulas por primeira vez, polo que é imprescindible prepararse para iso. A compra de material escolar e pezas de roupa adecuadas para as clases
Como coidar os pés en verán

Como coidar os pés en verán

Hace 23 horas Consellos
Coa chegada do verán, o coidado dos seus pés adquire unha nova dimensión. Non só ten que facer fronte á exposición constante ao sol e á calor, senón que tamén os pés son suxeitos a condicións como o uso de calzado aberto ou mesmo camiñar descalzo na praia. Para asegurarse de que os seus pés están
Doenzas nos pés máis comúns no verán

Doenzas nos pés máis comúns no verán

25/04/2023 Patoloxías
Durante os meses de verán, os pés están expostos a varios factores que poden causar certas doenzas. A continuación, dende Enrique José García Rubira, o seu podólogo en Ourense de confianza, presentamos as doenzas nos pés máis comúns no verán e como previlas. Micose nas unllas: A humidade e o
Papilomas: que son e como se tratan?

Papilomas: que son e como se tratan?

29/03/2023 Papiloma
Todas as partes do corpo humano cumpren funcións esenciais e é importante que se atopen en bo estado. Pero se temos que falar dunha das máis primordiais do noso organismo, os pés atoparíanse no máis alto da táboa. Isto é así debido a que estes son os encargados de soportar todo o noso peso e de

Solicita una cita previa co noso podólogo en Ourense

Se precisas máis información sobre os servizos de podoloxía que ofrecemos en Ourense ou queres solicitar unha cita previa non dubides en poñerte en contacto con nós.

Contactar